Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

O Motuclube Ruta N-634 xa ten data para a XXXIII Concentración Mototurística N-634

Por 13 Novembro, 2023Novembro 14th, 2023Sin comentarios

O Motuclube Ruta N-634 informou da nova edición da Concentración Mototurística N-634 Cidade de Mondoñedo que se celebrara o 16 e 17 de marzo do 2024.

Esta cita chega a súa trixésima terceira edición e nela os participantes poderán desfrutar previsiblemente de diferentes actividades como un salón de tatuaxes, animación, música a cargo dun DJ, xogos, un desfile polas rúas da vila seguido da cea e unha ruta turística pola Mariña, que rematará cun comida para despedir a todos os participantes.

Por outra banda, o Motuclube Ruta N-634 en colaboración co Concello de Mondoñedo preparan a sexta Papanoelada moteira na que todo o que queira participar pode dar o espectáculo rodando en moto e vestido de Papá Noel.

A cita terá lugar o sábado 23 de decembro, a partir das 16.00 horas dende a praza da Catedral. Ademais, o evento contará tamén con chocolatada, colchonetas e inchables, agasallos e sorteos.