Skip to main content
Axenda CaducadaBóveda

A Casa da Cultura de Bóveda acolle a función de teatro ‘Poeta en Nova York’

Por 2 Novembro, 2023Sin comentarios

Bóveda acolle unha proposta para os amantes do teatro. A Casa da Cultura ofrece a función ‘Poeta en Nova York’. A actividade terá lugar o domingo 5 de novembro ás 19.30 horas.

A compañía Teatro baixo da area será a encargada de levar a cabo a representación. A peza, baixo a dirección de Paloma Lugilde, conta coa participación de Dani Lago e Raquel Velasco.

A cita está organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Asociación Horticelos do Concello de Bóveda.