Skip to main content
Axenda CaducadaBarreiros

A V carreira Ao Son do Masma de Barreiros será o día 12

Por 7 Novembro, 2023Novembro 8th, 2023Sin comentarios

O domingo 12 de novembro celebrarase a última carreira do Circuíto +KmsBarreiros 2023, a V Ao Son do Masma, na parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos, que é a carreira máis rápida do circuíto.

Serán 5,6 quilómetros de asfalto na categoría absoluta, que decidirá os campións e campioas do circuíto nas distintas categorías. Tamén haberá unha andaina, que será desde as 10.30 horas, mentres que a carreira dos menores empezará ás 11:00 e a absoluta comezará ás 12.00 do mediodía.

Está organizada polo Concello de Barreiros e o Colectivo Cultural Ollomao. E as inscricións fanse a través da web www.maiskmsbarreiros.gal.