Skip to main content
Axenda CaducadaBóveda

Bóveda acolle a presentación do conto ‘O misterio do tulipán’ de Yolanda Álvarez Castro

Por 7 Novembro, 2023Sin comentarios

O centro sociocultural de Bóveda acolle a presentación do libro ‘O misterio do tulipán’. A obra é o primeiro conto que publica a autora Yolanda Álvarez Castro.

A cita comezará ás 17.00 horas o vindeiro venres 12 de novembro.  Os cativos e cativas que se acheguen ao centro sociocultural poderán gozar dunha sesión de contacontos musical e de pintacaras.

Ademais, haberá merenda e moitos xogos. Deste xeito, as sorpresas non van a faltar ao longo de toda a tarde.