Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

Volve o Concurso de Tapas de Mondoñedo

Por 12 Novembro, 2023Novembro 13th, 2023Sin comentarios

Volve un ano máis o Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, que este ano chega á décimo sexta edición, e está promovido pola Asociación de Comerciantes, Industriais e autónomos.

Este certame gastronómico celebrarase os próximos días 24, 25 e 26 (de venres a domingo) e participarán unha oito locais de hostalaría mindonienses como son A Bodeguiña, O Petisco, O Palique, O Rincón de Mondoñedo, A Taberna de Galiana, A Catedral, O Porriño e Farangullas.

As tapas serán variadas e elaboradas con produto local e poderán degustarse o venres pola noite e o domingo ao mediodía mentres que o sábado serán nas dúas quendas. Cada local presentará as súas tapas orixinais que terán que ser xulgadas por aqueles que se acheguen a degustalas.

Entre as votacións do público sortearanse agasallos para agradecer a súa colaboración.