Skip to main content
Axenda CaducadaBóveda

O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda organiza un contacontos a favor da igualdade o día 24

Por 19 Novembro, 2023Sin comentarios

Os cativos e cativas de Bóveda poderán gozar dun contacontos con motivo do 25 N. A ANPA do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda organiza a actividade para o vindeiro 24 de novembro.

Rimando pola igualdade presenta Estrafalaria, un contacontos para nenos e nenas a cargo de Xarope Tulú.

A iniciativa, que comezará ás 15.00 horas no Centro Sociocultural de Bóveda, conta coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade.