Skip to main content
Axenda CaducadaBóveda

O grupo Hipócrita Teatro poñerá en escena a comedia ‘Casting’ en Bóveda

Por 21 Novembro, 2023Sin comentarios

O próximo sábado 25 de novembro o Concello de Bóveda acolle unha nova proposta teatral da man do grupo Hipócrita Teatro.

Trátase de ‘Casting’, unha comedia para público adulto que se poñerá en escena no centro sociocultural de Bóveda a partir das 19.00 horas.

A proposta, na que participan Marta Arias, Natalia Fernández, María García e Juan Rivas, enmárcase no Circuíto de Teatro Afeccionado da Deputación de Lugo. Está dirixida por Elea López.