Skip to main content
Axenda CaducadaMonforte

A función ‘A fada que non sabía ser fada’ representarase en Monforte este domingo

Por 25 Novembro, 2023Sin comentarios

Este domingo 26 de novembro, Monforte acollerá a representación teatral ‘A fada que non sabía ser fada’ da man de Trémola Teatro. A proposta, que se enmarca dentro das actividades organizadas polo Concello de Monforte arredor do 25N, comezará ás 18.00 horas no salón de actos da casa da cultura.

Trátase dunha peza teatral cunha duración de 50 minutos e que está dirixida a público familiar. As entradas son gratuítas. A representación sitúa ao espectador nun bosque encantado, no que dende hai millóns de anos todo é exactamente igual.

Todo cambia cando nace Adalina, unha fada á que non lle gusta cumprir as normas, que non ten ás e que non encaixa co resto das fadas. A peza achega a cuestión de se a protagonista será capaz de atopar o seu camiño coa axuda do público.