Skip to main content
Lugo

Candia levará ata Madrid a súa proposta de reconverter o edificio de Obras Públicas

Por 11 Novembro, 2023Sin comentarios

A presidenta provincial e voceira do Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, anunciou este venres, arroupada por deputados nacionais e autonómicos, senadores e outros cargos orgánicos do partido como o voceiro do mesmo na Deputación, que pedirán, tanto no Concello de Lugo como nas Cortes Xerais, que o Goberno central acepte a súa proposta de reconverter o edificio de Obras Públicas, situado a Ronda da Muralla, na futura Comisaría da Policía Nacional.

“Esta iniciativa ten un obxectivo claro e irrenunciable que é, primeiro, volver a centrar no debate que Lugo necesita unha Comisaría en condicións porque é unha reivindicación de todos os representantes sindicais e da cidadanía; e, segundo, que resposta á vontade de política útil, á hora de buscar propostas como posibles solucións”; de aí que Candia tamén adiantase que, “se esta ubicación non encaixa por razóns técnicas e incluso por decisión política, que se acote outro emprazamento para manter o compromiso que asumimos cos lucenses de cobertura na zona norte”.

A máxima mandataria dos populares na provincia segue sumando así apoios en torno a unha iniciativa que xa foi apoiada publicamente pola Xunta de Galicia, por colectivos do tecido asociativo lucense e por sindicatos vinculados ás forzas de seguridade. E é que a proposta tamén é rendible dende o punto de vista económico, xa que non implica obra nova, senón o aproveitamento dun edificio xa construído; a situación é favorable, pois quedaría na contorna do barrio da Residencia, tal e como está previsto; e permite rescatar os fondos consignados para investir en melloras da actual comisaría da rúa Chantada.

“UNHA SOLUCIÓN ÚTIL AOS LUCENSES”

José Manuel Barreiro, en representación dos representantes populares nas cámaras parlamentarias nacionais, gabou “a valentía” de Elena Candia por “poñer enriba da mesa unha solución meditada, analizada e contrastada”; en definitiva, dixo, “unha solución útil aos lucenses”.

E é que a Comisaría actual carece dos medios necesarios, polo que as Forzas e Corpos de Seguridade teñen que facer un verdadeiro sobreesforzo para poder levar a cabo as súas funcións dunha maneira eficaz. Así, a proposta da voceira do PP no Concello de Lugo, defendeu Barreiro, “vén a dar luz ao que é un servizo esencial para a cidade de Lugo e que dende o PP vimos reivindicando nos últimos anos”.

Concretamente, en 2017, o Goberno de Rajoy elaborara un Protocolo de colaboración e estudo de viabilidade que tivo reflexo nos Orzamentos Xerais do Estado, pero o actual Executivo non foi quen de darlle continuidade, como así reflectiu nunha resposta dada ao propio senador en sede parlamentaria hai unas semanas que daba continuidade á contestación emitida en 2022 no mesmo senso, e que dicía textualmente o seguinte: “En relación con la pregunta formulada, se informa que en el año 2017 se elaboró un borrador de protocolo de colaboración para el uso de los terrenos del antiguo Hospital Materno Infantil para la construcción de la Comisaría, y se hizo un estudio de viabilidad, que nunca se llegó a formalizar. Por tanto, nunca ha existido un proyecto real para edificar una nueva Comisaría Provincial de Policía Nacional en Lugo”.

Por todo isto, Barreiro cualifica de “moi positiva” a iniciativa liderada por Elena Candia, xa que, nas contas de 2022, nas emendas presentadas, os populares pedían unha partida de 2,5 millóns de euros para a súa construción, pero, unha vez máis, Pedro Sánchez declinou o seu apoio.