Skip to main content
Lugo

A galería Solaina acolle a proxección da curta ‘Ningún Deus’

Por 22 Novembro, 2023Sin comentarios

Este venres, 24 de novembro, ás 20.00 horas, terá lugar na galería de arte Solaina a proxección da curta Ningún Deus, de Mirian Opazo, encadrada dentro da actual mostra Estar pensando na morte da becerra, continuando porén a temática desta mostra, a importancia das tradicións e cultura galegas na actual arte contemporánea do país, a cal terá un prezo de 2 euros.

A continuación, ter á lugar un coloquio coa participación da autora.

Ningún Deus fala sobre a identidade a través do Entroido tradicional do rural da provincia de Ourense, no interior da Galiza. Esta peza xorde da investigación dos vínculos entre o rito máxico e a construción da identidade e a memoria colectivas da comunidade. Ningún Deus mostra precisamente a “construción” dunha das máscaras tradicionais do Entroido ourensán: o peliqueiro de Laza, a través dos días e momentos previos á súa primeira saída ás rúas e prazas da aldea.

Mirian Opazo é unha artista visual, graduada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, e máster en Creación e Prácticas Artísticas na mesma universidade. O seu traballo segue unha liña, dalgún xeito sempre vencellada ao ámbito rural, consistente na exploración e investigación artística a través principalmente do audiovisual, de cuestións como a identidade e a memoria, tanto individuais coma colectivas.