Skip to main content
Lugo

O Centrada acolle este xoves unha actividade da Tradescola sobre o outono

Por 22 Novembro, 2023Sin comentarios

Este xoves, 23 de novembro, terá lugar no Centrad, unha actividade que achegará as tradicións de outono a todas e todos os participantes. Esta actividade, que será para público familiar, contará cun obradoiro de fabricación de xoguetes sonoros, un obradoiro de xogos bailados e cantigas relacionados con estas datas, un magosto e xogos tradicionais da man de Xotramu, todo para darlle a benvida ao outono cunha nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional e outras tradicións existentes na nosa cultura.

Esta actividade conta coa axuda da Área de Cultura do Concello de Lugo e a cesión das instalacións para realizala por parte do Centrad.

Esta é unha nova actividade que se suma ás levadas a cabo durante o curso, no que a maiores das aulas impartidas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical ás que asisten mais de 300 alumnos, están realizándose tamén distintas actividades como esta para darlle difusión á nosa cultura tradicional.

Durante este acto farase entrega dos agasallos para os finalistas do X Certame de Debuxo dobre o baile e os instrumentos da música tradicional.

Nesta edición do certame, participaron máis de 250 debuxos realizados polas nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino da provincia de Lugo que ademais dunhas grandes dotes artísticas tamén nos amosaron os seus amplos coñecementos sobre a nosa música.

Esta iniciativa organizada pola Tradescola en colaboración coa Área de Cultura da Deputación e que acadou este ano a súa décima edición, ten a finalidade de potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega, e axudar a que coñezan os nosos instrumentos e o noso baile tradicional.

Os dez finalistas recibirán como agasallo un lote de material didáctico relacionado coa nosa música tradicional.

Os finalistas son:

  • Gael Varela Aguiar – CEIP “Xose Luis Taboada” – A Barrela – Carballedo – 8 anos
  • Goiás Pensado Rodríguez – CEIP Illa Verde de Lugo – 6 anos
  • Erea Bueno Parada – CEIP Rosalía de Castro de Lugo – 6 anos
  • Javier Echevarría Posada – CEIP O Cantel – Foz- 9 anos
  • Alicia Peinó González – CEIP Península da Paz – San Cibrao – Cervo – 7 anos
  • Carla Rouco Marqués – CEIP Laverde Ruiz – Outeiro de Rei – 7 anos
  • Lara Pérez López _ CEIP A Ponte – Lugo – 6 anos
  • Edahi Blanco Martínez – CEIP Plurilingüe A Pontenova – 8 anos
  • Aroa Fernández Barreiro – CEIP Laverde Ruiz – Outeiro de Rei – 6 anos
  • Pablo Fórneas Abuín – CEIP Anexa – Lugo – 8 anos

E o debuxo gañador do X Certame de debuxo da Tradescola, foi o de Aroa Fernández Barreiro (CEIP Laverde Ruiz) Outeiro de Rei – 6 anos que entre outros agasallos disfrutará cos seus compañeiros dun concerto didáctico de música tradicional da Tradescola no seu centro educativo.