Skip to main content
Lugo

María Mouriz, nomeada coordinadora de Novas Xeracións na cidade de Lugo

Por 26 Novembro, 2023Sin comentarios

Novas Xeracións da cidade de Lugo segue aumentando o seu equipo de traballo. Así foi nomeada como coordinadora xeral María Mouriz durante unha xuntanza celebrada este sábado na que participaron a presidenta do PP da provincia e voceira municipal, Elena Candia, e a presidenta de NNXX Galicia, Nicole Grueira.

NNXX reforza así o seu comité directivo local co nomeamento dunha rapaza do barrio da Milagrosa que os compañeiros da formación xuvenil definen como “humilde, traballadora, preparada e, sobre todo, cunha gran calidade humana”.

Trátase dunha incorporación ao equipo que xa traballa pola mocidade lucense e que está “disposta a colaborar”.