Skip to main content
Lugo

Abre no Vello Cárcere a mostra ‘Mil cores:10 anos’

Por 26 Novembro, 2023Sin comentarios

A mostra estará aberta ao público dende o 24 de novembro ao 6 de xaneiro.

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, asistiu á inauguración da nova exposición que acollerá o Vello Cárcere ata o 6 de xaneiro. A mostra Mil Cores: 10 anos é un traballo colectivo para conmemorar os 10 anos do colectivo artístico e social formado na cidade de Lugo e que celebra o seu 10º aniversario.

Na exposición, artistas das máis diversas idades e estilos xúntanse baixo o paraugas de Mil Cores para expresar a súa visión plástica e social, e intercambiar puntos de vista e experiencias enriquecedoras. A mostra está dedicada a María del Mar García Piñeiro, compañeira e artista do colectivo, e conta con traballos de 150 autores e autoras con obras de diferentes técnicas: fotografía, óleo, acrílico, lapis, acuarela, tinta, impresión dixital, rotulador, carboncillo ou pastel.

“O que reflicte esta exposición non é nin máis nin menos que a sensibilidade de cada unha das persoas que formaron e forman parte do colectivo durante estes primeiros 10 anos de existencia”, explicou Maite Ferreiro, que quixo resaltar “a importancia que teñen os colectivos de Lugo á hora de seguir creando artistas locais”.