Skip to main content
Lugo

A Sociedade Micolóxica Lucus entrega o seu Cogomelo Lucus 2023

Por 27 Novembro, 2023Sin comentarios

O vindeiro martes, día 28 de novembro de 2023, ás 20:30 horas, a Sociedade Micolóxica Lucus celebra no Restaurante España un acto de confraternidade exclusivo para os seus socios e invitados institucionais, que inclúe unha degustación de cogomelos e ao comezo da mesma entregarase o premio Cogomelo Lucus 2023 a José Ramón Pato Vicente ex aequo con Jorge Santoro de Membiela.

A organización concédelles o mesmo “como activos membros no desenvolvemento de históricas asociacións micolóxicas galegas, polo seu compromiso na difusión e avance do coñecemento micolóxico, organizando durante anos o Encontro de microscopía micolóxica de Xares, evento que permitiu gozar dos coñecementos de expertos de talle mundial en microscopía e polo agarimo, colaboración e disposición que sempre mostran coa SMLucus”

As persoas interesadas neste acto poden informarse na web da Sociedade Micolóxica Lucus e no teléfono 676 750 812.