Skip to main content
Lugo

Javier Arias valora coa presidenta da asociación da Residencia futuras accións

Por 30 Novembro, 2023Sin comentarios

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión coa presidenta da asociación de veciños do barrio da Residencia, Cecilia Vázquez, na que valoraron futuras liñas de colaboración para levar a cabo actividades que contribúan á dinamización cultural e social da zona.

A xuntanza tamén serviu para informar á representante veciñal do calendario previsto para a posta en marcha de novas dotacións no complexo da antiga Residencia; estase levando a cabo o traslado de persoal e servizos ao Centro Integral de Saúde, e nas vindeiras semanas comezará o da Oficina de Emprego.