Skip to main content
Monterroso

Monterroso está a acoller a tradicional Feira de Santos, unha cita declarada de Interese Turístico de Galicia

Por 1 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Monterroso está a acoller hoxe a tradicional Feira de Santos, unha cita declarada de Interese Turístico de Galicia. Ademais, o Goberno municipal está facendo as xestións pertinentes para solicitar que sexa declarada de Interese Turístico Nacional, xa que a celebración está documentada desde o ano 1219.

Esta actividade reúne na localidade a miles de persoas que desfrutarán dun enorme escaparate de produtos de temporada, así como da gastronomía, música, cultura e tradición, dentro da Feira das Feiras, a Feira de Santos.

Toda a vila énchese de postos, con gran variedade de produtos, nos que se puideron mercar dende queixos, produtos de tempada como castañas ou mel ata artesanía e roupa.

A Feira de Santos conta ademais cunha feira de gando, haberá música para amenizar a xornada e tamén a posibilidade de poder gozar dun rico polbo a feira.