Skip to main content
Monterroso

O BNG de Monterroso lamenta que “unha vez máis se perdan subvencións por desidia do goberno do PP”

Por 7 Novembro, 2023Sin comentarios

O pasado xoves día 2  de novembro saíron publicadas no DOG as axudas, que asigna a Consellería de Industria ós Concellos solicitantes, encamiñadas á habilitación e mellora dos parques empresariais.

“Nos últimos 5 anos, Monterroso só recibiu unha pequena axuda, no ano 2021, para pintar marcas viarias. O resto dos anos a cantidade recibida en axudas da Xunta de Galicia foi de 0 euros” recalca o concelleiro nacionalista.

Este ano, volvemos a quedar fóra destas axudas, que poderían subvencionar accións como a mellora dos servizos e o acondicionamento de infraestruturas existentes, a implantación de melloras na iluminación pública que sexan eficientes dende o punto de vista enerxético, xestión de residuos e a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia dentro do parque empresarial, algo demandado xa no pasado polos nosos empresarios.

“Cremos que a aposta pola industria e a empresa en Monterroso debe traducirse en diñeiro e, se seguimos deixando pasar as axudas, o noso parque non medrará por moitas palabras baleiras que lle dediquemos. En 5 anos, 0 inversións” concluíu Brais Vázquez.