Skip to main content
Monterroso

Monterroso acollerá un curso de autodefensa para mulleres

Por 15 Novembro, 2023Sin comentarios

Os vindeiros 9 e 16 de decembro impartirase un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas no ximnasio do edificio Lorenzo varela de Monterroso.

As clases estarán impartidas por especialistas en defensa persoal da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Serán en horario de 15.30 a 19.30 horas.

As mulleres interesadas en inscribirse e aprender a defenderse nunha situación de perigo, deberán achegarse ás oficinas municipais.