Skip to main content
Monterroso

A coral Ecos do Ulla e o grupo de Falcatrueiros organizan o concerto de Santa Cecilia

Por 21 Novembro, 2023Novembro 23rd, 2023Sin comentarios

A coral Ecos do Ulla e a Asociación Sociocultural de Falcatrueiros organizan para este sábado 25 de novembro un concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos.

Esta celebración conxunta será no centro sociocultural ás 20.00 horas.

A coral Ecos do Ulla leva as súas costas 38 anos de experiencia no sector, xa que se fundaron no ano 1985. Pola contra, Falcatrueiros é uha asociaión sen ánimo de lucro que organiza diferentes actividades culturais para nenos e adultos. Contan cunha traxectoria de case 40 anos, sendo unha asociación cultural referente, non só na vila de Monterroso e na comarca, senón tamén na provincia, con máis de 100 alumnos e máis de 300 socios.