Skip to main content
Monterroso

O BNG demanda a creación dunha residencia de maiores en Monterroso

Por 27 Novembro, 2023Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego impulsará no Parlamento galego a proposta de creación dunha residencia de maiores en Monterroso. Esta medida inclúese dentro das emendas do BNG aos orzamentos da Xunta de Galicia para o exercicio do 2024.

“Os centros residencias son a día de hoxe unha parte esencial da atención aos nosos maiores” declarou Brais Vázquez, concelleiro en Monterroso. A poboación de maiores en Monterroso a día de hoxe supón un 30% da poboación total “o que denota o envellecida que esta a poboación e a necesidade que temos de unha atención especifica para os nosos maiores” afirma Brais Vázquez

Ademais o BNG tamén impulsara medidas a través do orzamentos da Xunta para a mellora dos accesos e a contorna do río Ulla, “temos que potenciar a nosa natureza e poñela en valor”, así como tamén impulsar melloras no parque industrial “necesarias para o asementamento de industria no noso concello”explica o concelleiro nacionalista

Do mesmo xeito, Brais Vázquez subliñou “o BNG impulsará estas propostas a través das emendas aos orzamentos, no que esperamos que o Partido Popular non vote en contra dunha mellora básica para a veciñanza de Monterroso”