Skip to main content
Monterroso

O BNG de Monterroso quere que a veciñanza participe de forma activa na elaboración dos orzamentos 2024

Por 30 Novembro, 2023Sin comentarios

O BNG de Monterroso quere que a veciñanza participe de forma activa no debate da elaboración dos orzamentos para o ano 2024. Para isto vén de poñer en marcha unha serie de códigos QR por diferentes espazos do concello que levará as veciñas e veciños a un formulario en liña totalmente anónimo no que se recollerán as súas inquedanzas. Dende a formación nacionalista apuntan “somos coñecedores de que á xente non lle gusta significarse publicamente e, deste xeito, a través dunha enquisa anónima, poderán dar a súa opinión de xeito máis libre”.

O voceiro, Brais Vázquez, afirma que “ é unha prioridade do BNG facer da toma de decisións algo común a toda a veciñanza, independentemente de que nos votaran ou non. Moitas veces ao saír electos pérdese esa comunicación política-veciñal. Dende o BNG cremos que resulta transcendental preguntar directamente á xente en que consideran que hai que priorizar no gasto xa que lévase moito tempo obviando as principais peticións da veciñanza”.

Ademais de a través do código QR pódense facer achegas tamén a través das nosas redes sociais, do email : bngdemeonterroso@gmail.com ou tamén o número de Whatsapp 613 050 266.

Ademais, “e como non pode ser doutro xeito levarase tamén ás distintas parroquias do concello para complementar a súa difusión nas redes sociais” afirma Vázquez. Tamén comenta o voceiro que “ agarda unha alta participación e acollida por parte da veciñanza, podendo este tipo de políticas ser ampliadas a outras decisións da política municipal por parte do BNG. Este grupo municipal sempre defenderá a necesidade de pór no centro das políticas, as necesidades da xente de Monterroso.