Skip to main content
Monterroso

Monterroso celebrará unha Campaña de Nadal do 4 de decembro ao 8 de xaneiro

Por 30 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de empresarios da vila, convoca e participar na organización da Campaña de Nadal que se celebrará entre os días 4 de decembro e 8 de xaneiro, co obxectivo de incentivar e potenciar o consumo na vila.

Os negocios interesados en participar deberán inscribirse antes do día 3 de decembro, por Whatsapp no teléfono da traballadora de cultura.

O Concello desenvolverá dous sorteos de 540 euros en 18 tarxetas regalo dos comercios, é dicir, 36 tarxetas en total.

Os sorteos realizaranse os días 26 de decembro e 8 de xaneiro a partir das 11:00 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela e será retransmitido por redes sociais.