Skip to main content
Palas de Rei

Vaise construír unha instalación eléctrica en Merlán a petición do Concello de Palas de Rei

Por 27 Novembro, 2023Sin comentarios

A Consellería de Economía, Industria e Innovación concedeu a autorización administrativa favorable para a construción dunha instalación eléctrica en Merlán a petición do Concello de Palas de Rei.

Así, a veciñanza da parroquia de Merlán, terá ampliada a súa potencia eléctrica nos domicilios ao pasar de ter un transformador de 50 kVAS por un de 100 kVAS.

A medida foi tomada ante os continuos cortes eléctricos presentados, que motivaron unha demanda de maior potencia eléctrica que dea cumprida resposta as necesidades dos veciños/as.

Tamén se procedeu a repotenciacións similares en: Pidre, Chorexe e Ponte Mercé.