Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXATaboada

Jacobo Senín arrasou nunha X Subida a Taboada que contou con centos de asistentes

Jacobo Senín foi o máis rápido do rally de montaña que se celebrou esta fin de semana en Taboada, que contou co apoio da Vicepresidencia da Deputación, presente nesta edición recuperada despois de 17 anos.

O piloto de Cuntis, que chegou a Taboada co campionato galego matematicamente asegurado, non baixou o ritmo e marcou o mellor tempo dos 45 pilotos que completaron a proba. Pablo Rey e Jesús Fernández foron segundo e terceiro.

Así, Taboada volveu disfrutar do rally de montaña, que contou con moito público na contorna da Praza de Riazón, onde estaba localizada a saída e no percorrido ata Rubián, para seguir o paso dos coches.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que apoiou tanto económica como socialmente esta iniciativa organizada pola Escudería Taboada, destacou a boa acollida da X Subida a Taboada e espera que haxa máis en anos próximos.