Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAMonforte

O Club de Natación de Monforte demostrará as súas capacidades deportivas en diferentes competicións

Por 29 Novembro, 2023Novembro 30th, 2023Sin comentarios

O Club de Natación de Monforte enfróntase, durante este último mes do ano, a diferentes competicións profesionais e deportivas coas cales seguir sumando éxitos ao conxunto monfortino.

Desta maneira, este sábado, 2 de decembro, terá lugar o Campionato provincial de Lugo, no que competirán en categoría absoluta pola mañá; mentres que pola tarde se celebrará o OPEN Promesas Mireia Belmonte, no que o equipo participará na categoría Infantil.

Pola súa parte, o domingo, 3 de decembro, terá lugar o J2 de liga benxamín e alevín e o 1J de liga prebenxamín na piscina municipal da Pinguela, en Monforte. Ese mesmo día, celebrarase tamén o J2 de Liga Máster en Ourense, no que participarán coa categoría Máster.

Xa o sábado 16 de decembro terá lugar o primeiro Trofeo Memorial Pedro Luis Fernández Pombo, acollido pola Piscina Carballo Calero de Carballo, no que os profesionais competirán na categoría absoluta.

Por último, os días 28, 29 e 30 de decembro terá lugar o Campionato Galego Absoluto, no que participarán, tamén, na categoría absoluta na Piscina Frigsa de Lugo.