Skip to main content
Bóveda

A bovedesa Xulia López Puente inaugura a súa mostra de pintura

Por 28 Novembro, 2023Sin comentarios

A veciña de Bóveda Xulia López Puente vén de inaugurar a súa mostra. A presentación da súa exposición de pintura ‘Aprender o corpo. Luz, cor e sombra’ tivo lugar este sábado.

A proposta pódese visitar no centro sociocultural do Concello de luns a venres en horario de mañá e os luns, mércores e venres tamén polas tardes, de 16.30 a 18.30 horas.

A exposición enmárcase nas iniciativas levadas a cabo con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.