Skip to main content
Monforte

As Xornadas Micolóxicas dos Lactouros comezarán este xoves en Monforte

Por 1 Novembro, 2023Novembro 26th, 2023Sin comentarios

As ‘Xornadas micolóxicas’ de Os Lactouros celébranse os vindeiros 2, 3 e 4 de novembro no Centro do Viño de Monforte, onde os organizadores compartirán o saber da micoloxía cos participantes.

Así, no primeiro día, o xoves día 2 de novembro ás 20.00 horas, terá lugar unha charla baixo o título “Iniciación á micoloxía”, impartida por Carlos Pérez, presidente dos Lactouros.

Xa o venres 3 será o micólogo e youtuber Luis Cuba quen intervirá con outra sesión ás 20.00 horas. Neste caso, o relator falará de “Especies comestibles e tóxicas de Galicia e os seus hábitats”.

Por último, o sábado 4 será o día grande das xornadas, que comezará pola mañá cunha saída ao monte para identificar e coller cogumelos ás 10.00 horas e despois terá lugar o ‘Xantar Lactouro’ ás 14.30 horas.