Skip to main content
Monforte

Monforte concéntrase para apoiar a loita contra a violencia machista

Por 26 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Monforte de Lemos conmemorou o 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dentro da campaña de sensibilización baixo o lema Que non te cale o machismo, organizada pola Concellería de Muller e Igualdade organiza, a través do Centro de Información á Muller (CIM).

A partir das 12.30 horas deu comezo a concentración convocada na rúa Cardeal que se encheu de cidadáns, que acompañaron a gran parte da corporación municipal, en concreto, o alcalde, José Tomé Roca, a concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, a tenente de Alcalde, Gloria Prada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, e os concelleiros de Obras, José Luís Losada, Deportes, José Manuel Mougán, Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz, así como diversos membros da corporación municipal monfortina.

En primeiro lugar, procedeuse á lectura dun Manifesto contra a violencia contra as mulleres a cargo da concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López. Posteriormente, tivo lugar o desenvolvemento a performance En Pé, performance de temática feminista creada por Laura Naveira. Un espectáculo que, a través da mímica, danza e expresión corporal tivo como obxectivo concienciar e visibilizar a discriminación e violencia contra as mulleres, así como a necesidade de implicación da sociedade na loita contra a violencia machista e a importancia do apoio ás vítimas.

Nesta proposta actuaron tamén Violeta Torres e Rebeca Lourido as que, xunto a Laura Naveira, desenvolveron diversas actuacións ó longo do día en diversas localizacións do casco urbano de Monforte. Tras a concentración, repartiuse material de sensibilización, concretamente paraugas e chapas con lemas da campaña, entre as persoas asistentes. Pola noite, a Torre da Homenaxe iluminouse de cor malva, para conmemorar este día internacional contra a violencia de xénero.