Skip to main content
Axenda SARRIAXADeportes SARRIAXASarria

A Pretorian Race de Sarria xa ten data de celebración

Por 29 Novembro, 2023Novembro 30th, 2023Sin comentarios

Sarria acollerá, de novo, o evento deportivo da Pretorian Race o vindeiro 4 de maio do 2024, no que adoitan participar centos de persoas animadas pola convivencia e o deporte e coa colaboración das distintas institucións.

Así o anunciaron desde a agrupación organizadora da Pretorian Race, unha competición baseada nunha carreira de obstáculos de lonxitude variable, pero normalmente de varios km, que terá lugar a través das rúas e prazas da vila.

Desta maneira, durante un día enteiro, as persoas interesadas en participar poderán pasar a xornada competindo, rindo, facendo e deporte e enchéndose de barro.