Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

O Master Sarria Futbolín desta fin de semana acolleu centos de participantes

A XI edición de Master Sarria Futbolín, promovida por LNF Sarria Futbolín e co apoio da Liga Nacional de Futbolín e a Xunta de Galicia foi todo un éxito de participación, segundo explica Jony, organizador do evento.

Este campionato deixou como gañadores da categoría movemento á parella de Tomás e Jandro, mentres que os segundos foron Iván e Barciela e os terceros Milo e Sergio.

Por outra parte, o Master reuniu no pavillón Instituto da localidade a 124 parellas que participaron na categoría movemento e 105 parellas que participaron na categoría parado.

“Estamos moi contentos porque batemos récord de participación. Cada ano vén máis xente a pesar do prexuízo que supón o desprazamento e a cuestión económica, xa que o 80% dos participantes son de fóra de Sarria”, explicou Jony.

Ademais, houbo moita xente que se achegou tamén para botar un ollo e botar algunha partida fóra da competición, o que fixo que a fin de semana estivera repleta de persoas todo o tempo.