Skip to main content
Láncara

Sés recibirá o premio Premio Ramón Piñeiro da Asociación Val de Láncara este sábado

Por 14 Novembro, 2023Xaneiro 11th, 2024Sin comentarios

A filóloga María José Silvar, Sés (A Coruña, 1982) recibirá o XXI Premio Ramón Piñeiro Facer País da Asociación Cultural Val de Láncara o vindeiro 18 de novembro no marco dunha xuntanza de confraternización que terá lugar en Láncara e na que a anterior premiada, Luz Fandiño, fará entrega do premio.

Na asociación consideran que Sés “cadra á perfección co perfil deste premio e destaca a súa postura clara de defensa da lingua e a cultura galega, aínda que tamén dende unha visión nova, rompedora, actual, feminista defensora de poetas e en especial poetisas combatendo as inxustizas sociais e de xénero, dándolle voz a quen a ten… combativa”, explicou Lucía Arrojo tras facer público o fallo que concede a Sés este popular galardón.

“Como sabedes, Sés puxo melodía a un poema desta poetisa chamado ‘A poeta analfabeta’, polo que pensamos que é un ano especial e un momento idóneo que permita pechar o círculo que existe entre ambas”, destacou Lucía.

Pola súa parte, Xurxo Souto será o mantedor dun acto no que intervirán Xurxo Rodríguez, Luz Fandiño, a premiada e Marta Fernández, entre outro. O cartel, como en edicións anteriores, é de Siro.