Skip to main content
Láncara

O comercio de Láncara volve animarse a decorar os seus establecementos con motivo do Nadal

Por 22 Novembro, 2023Sin comentarios

Unha veciña da Pobra de San Xiao, en Láncara, Patricia Sánchez, vén de propoñer aos veciños e comerciantes da parroquia e capital comercial do municipio que decoren os seus comercios con motivo do Nadal, tal como o propuxo para a festa de Samaín.

Así, anima a comerciantes e veciños e veciñas da vila a que enchan os seus establecementos de motivos nadaleños para “impulsar o pequeño comercio e o medio rural”, tal como explica.

Sánchez espera que haxa moita participación, como a houbo durante a campaña de Halloween co fin de “dicirlle a todos que o noso pobo existe e que somos os mellores”, sostivo.

Xa hai varias persoas que apoiaron esta iniciativa e que din sumarse, polo que dentro de pouco os veciños e veciñas da Pobra de San Xiao verán a súa vila chea de adornos de Nadal.