Skip to main content
Sarria

O Chanto de Sarria acollerá un curso de autodefensa para mulleres a finais de novembro

Por 10 Novembro, 2023Sin comentarios

Os vindeiros 28 e 30 de novembro impartirase un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas no pavillón municipal José Mario González (O Chanto)..

As clases, que se encadran no marco do 25N, estarán monitoradas por especialistas en defensa persoal da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

As mulleres interesadas en inscribirse e aprender a defenderse nunha situación de perigo, poden chamar ao teléfono 982 535 000 ou enviar un correo electrónico ao enderezo cim@sarria.gal para participar desta actividade.