Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

A Samurai Xtreme Race Lago das Pontes abre o día 1 o prazo de inscrición

Por 20 Novembro, 2023Sin comentarios

A Samurai Xtreme Race Lago das Pontes xa ten data de celebración para este ano 2024 e será o 7 de xullo. Esta proba desafía aos participantes a conquistar obstáculos extremos nun terreo complicado.

A organización comunicou que o próximo 1 de decembro abrirase o prazo para inscribirise nesta VII edición, que se celebrará na praia do lago das Pontes. O prezo para estes primeiros participantes será reducido.

Prevese que sexa unha carreira duns 7 a 9 quilómetros de distancia coa saída e a meta na praia do lago das Pontes e con obstáculos durante todo o percorrido.

Prevese, ademais, unha camiseta, medalla, avitalluamentos e agasallos ofrecidos polos patrocinadores para os participantes, así como un trofreo para os primeiros clasificados.