Skip to main content
AbadínAxenda Caducada

Gontán celebra a súa primeira Foliada do Magosto o 2 de decembro

Por 27 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Abadín celebra o vindeiro sábado 2 de decembro a primeira Foliada do Magosto, na que actuarán máis dunha decena de grupos de toda Galicia. A cita, que organiza a asociación xuvenil A Rumboia, comezará ás 18.00 horas no caseto da feira de Gontán.

Os interesados xa poden mercar os tíckets, que teñen un prezo de 2,50 euros, na Casa Regueira, no Restaurante Niza e na Casa Goás. Tamén poden comprar as entradas a través do 659 174 701.

Dende Vilalba veñen os grupos Batifoula, Entre Lusco e Fusco, Noxo me das, a asociación cultural Andrade, Os Matovizosos e Buxos Verdes. Tamén actuarán No Cómbaro, Canvella e Andrés Penabad do Concello das Pontes, Asubíos da Chaira de Cospeito, Os do 21 do Vicedo, Mestura de Nete e Cordenaia de Cervo. Os lucenses Son de Lugh completan a programación. Ademais de moita música, os asistentes poderán gozar de castañas asadas e chocolate.