Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

O FSF Castro clasifícase para a fase final da Copa da Raíña

Por 2 Novembro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

O equipo do FSF Castro Bloques Cando logrou este mércores a súa clasificación para a fase de cuartos de Final da Copa da Raíña, logo de vencer ao Ourense no pavillón dos Remedios por 4-6.

Gran resultado para o equipo chairego, que queda, xunto ao Burela, como únicos representantes de Galicia nesta competición de ámbito estatal.

O conxunto chairego disputou a terceira volta desta competición logo de superar ao Sala Zaragoza en outubro.

A seguinte cita do equipo será no mes de abril, cando se fará a competición de cuartos. Previamente se coñecerá ao próximo rival do Castro, na súa procura da gran Copa do fútbol sala feminino.