Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol inicia en novembro clases de baile e ximnasia de mantemento

Por 4 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Friol organiza, como vén facendo dende hai anos, clases de baile latino e de salón para os veciños e veciñas que desexen anotarse. E tamén ximnasia de mantemento para todas as persoas do municipio que estean interesadas.

As clases de ximnasia darán comezo o martes día 14 de novembro, podendo inscribirse ata o xoves día 6. Poderán participar todas as persoas do municipio que queiran facer exercicio, divertirse e socializar nas tardes e noites dos martes e dos xoves, entre as 21.00 e as 22.00 horas.

Para as clases de baile poden apuntarse os veciños e veciñas que lles apeteza aprender a bailar, ou perfeccionar os seus pasos aqueles que xa saiban, ou simplemente pasar as tardes/noites dos luns dun xeito divertido e diferente. As clases de baile comezarán o luns 13 de novembro, podendo anotarse ata o luns 6.

Para estas dúas actividades poderán facer as inscricións nas oficinas do Concello de Friol ou a través do correo electrónico info@concellodefriol.es.

As clases de baile realizaranse os luns en horario de 21:00 a 22:30 horas.

A ximnasia será os martes e os xoves en  horario de 21:00 a 22:00 horas.

Ámbalas dúas actividades levaranse a cabo no pavillón de deportes do Concello de Friol.

“Dende o Equipo de Goberno queremos seguir apostando por dinamizar o pobo e á nosa xente, con actividades nas que poidan participar todos, e coas que se promova o exercicio físico, neste caso dun xeito divertido e sinxelo, polo que animamos a todas as persoas que o desexen a participar en estas actividades, para intentar conseguir ter unha mellor saúde física e mental” indica o alcalde popular Jose Ángel Santos.