Skip to main content
A Pastoriza

A Pastoriza acolle un curso de primeiros auxilios

Por 2 Novembro, 2023Sin comentarios

A Pastoriza acollerá o día 8 de novembro un curso de RCP e primeiros auxilios que se desenvolverá na Casa da Música da localidade.

O curso terá lugar en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 horas e necesita de inscrición previa, que pode realizarse nos servizos sociais do Concello ou nos teléfonos 982 332 197 ou 629 534 793.

No curso falarase de atención inicial en urxencia, asistencia ante un traumatismo, tratamento de feridas e hemorraxias, dificultade respiratoria, hipoglucemia, reaccións alérxicas e a RCP.