Skip to main content
A Pastoriza

A Pastoriza volverá contar coa ruta das tapas a final de mes

Por 7 Novembro, 2023Novembro 8th, 2023Sin comentarios

A Pastoriza volverá celebrar este ano a ruta das Tapas, que chega a súa IX edición, a fin de semana do 24 e 25 deste mes organizada pola asociación de comerciantes local, Asapa.

Nesta ocasión xa está confirmada a participación de cinco locais, 3 de Pastoriza (Xarope, Brétema e a Casa da Cultura), ademais de Taberna Germán da Reigosa e Carrizal da Regueira.

A asociación avanzou esta cita pero desenvolverá o programa en próximas datas aínda que xa avanzou que o horario será os venres e o sábado pola tarde noite.

Agás na pandemia, esta cita co tapeo realízase de forma continuada os últimos anos e reúne unha gran cantidade de público. Aínda non se sabe que se fará este ano pero nos anteriores houbo numerosos premios, tanto económicos como con produtos cedidos polos comerciantes.

O obxectivo, coma sempre, é ofrecer unha actividade que promocione os produtos locais e invite á contorna a visitar este municipio.