Skip to main content
A Pastoriza

A Pastoriza convoca un concurso de imaxes contra a violencia de xénero

Por 8 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello da Pastoriza vén de convocar o primeiro Concurso de imaxes contra a violencia de xénero, que se desenvolverá con motivo da celebración do 25N.

O prazo de participación abre o xoves 9 de novembro e se prolongarán ata o día 15. As persoas que o desexen poderán enviar a igualdadepastoriza@gmail.com un debuxo ou fotografía con frases ou lemas contra a violencia de xénero. O día 16 publicaranse todas en Facebook e serán os visitantes os que votarán, ata o 21 de novembro, a imaxe que máis gusta.

O premio será unha fin de semana para dúas persoas nun spa.