Skip to main content
A Pastoriza

Convocado un curso de auto defensa na Pastoriza

Por 26 Novembro, 2023Sin comentarios

Con motivo do 25N, a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia financia na Pastoriza un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas.

O curso vai ser impartido por un especialista da Federación Galega de Loita e pertencente ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

A actividade vaise levar a cabo na piscina municipal o día 2 de decembro en horario de 11.00 a 13.30 e de 15.00 a 20.30 horas.

As mulleres que queiran participar teñen que inscribirse previamente en Servizos Sociais, nos teléfonos 982 332 197 ou 629 534 793 ou no correo s.sociais@concellodapastoriza.es