Skip to main content
A Pastoriza

Organizan de novo o campionato de Tute na parroquia pastoricense da Rigueira

Por 13 Novembro, 2023Sin comentarios

O teleclub da Rigueira, na Pastoriza, acollerá o día 18 de novembro, ás 21.00 horas un campionato de Tute organizado pola asociación veciñal en homenaxe á compañeira Manuela Teijeiro.

A inscrición para esta sesión está aberta e ten un prezo de 50 euros por parella, prezo no que se inclúe tamén a cea.

As persoas interesadas en participar poden facelo chamando ao teléfono 600 573 331 (Celeiro).

Os premios irán en consonancia co volume da inscrición.