Skip to main content
A Pastoriza

Todo preparado para o inicio da ruta das tapas da Pastoriza

Por 20 Novembro, 2023Novembro 21st, 2023Sin comentarios

A Pastoriza volverá celebrar este ano a ruta das Tapas, que chega a súa IX edición, a fin de semana do 24 e 25 deste mes organizada pola asociación de comerciantes local, Asapa.

Nesta ocasión participarán cinco locais, 3 de Pastoriza (Xarope, Brétema e a Casa da Cultura), ademais de Taberna Germán da Reigosa e Carrizal da Regueira.

O programa centrarase en dous días, o venres e o sábado en horario de 19.00 a 23.30 horas.

Agás na pandemia, esta cita co tapeo realízase de forma continuada os últimos anos e reúne unha gran cantidade de público. As tapas terán un prezo de 2 euros e os locais e haberá seis premios, aos qeu só se poderá optar se se completa a ruta nos catro locais.

Este ano haberá tres premios en metálico, de 200, 100 e 40 euros e ademais sortearase un curso de condución, un vale de 50 euros para Super Seti e outro vale de 50 euros para gasoil.

O obxectivo, coma sempre, é ofrecer unha actividade que promocione os produtos locais e invite á contorna a visitar este municipio.