Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Pol acolle este sábado un curso de manipulación de alimentos

Por 3 Novembro, 2023Sin comentarios

A Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo, Afammer Lugo, ofrecerá un curso para obter o diploma de capacitación para manipulación de alimentos.

Este terá lugar este sábado, 4 de novembro, en Rioxoán (Pol). Será no Restaurante Mesón Suso.

A inscrición é gratuíta. Para reservar praza ou consultar dúbidas, pódese facer no teléfono 654 394 780.

O curso terá lugar entre as 17.00 e as 20.00 horas e englóbase dentro do Plan Corresponsables Afammer Lugo.