Skip to main content
As Pontes

A Pontes licita obras de mellora en camiños municipais de Tras o Río

Por 9 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes licita o proxecto de mellora de tres camiños municipais en Tras do Río, na parroquia do Freixo.

O proxecto cun orzamento de 29.763 euros, con cargo ao Agader, ten como obxectivo a súa rehabilitación para dotalos dunha óptima calidade tanto superficial como estrutural, conseguindo así lograr a comodidade e seguridade que se esixe neste tipo de vías.

Así o proxecto contempla actuacións de varrido de superficie e limpeza de marxes. Procederase ademais á limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invada a vía. Repararanse as fochancas e zonas afundidas existentes e as zonas lixeiramente deformadas regularizaranse mediante formigón bituminoso.

O afirmado realizarase mediante a extensión e compactación dunha nova capa de rodadura formada por 5 centímetros de formigón bituminoso.

Os traballos inclúen a reposición da sinalización, tanto horizontal como vertical, de acordo á normativa vixente.