Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

O Concello de Rábade busca o apoio da Xunta para a humanización da rúa Vilalba

Por 2 Novembro, 2023Sin comentarios

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse coa alcaldesa de Rábade, Remedios González, para avaliar iniciativas para desenvolver proxectos de humanización na localidade e en materia de solo industrial.

Durante o encontro a alcaldesa informou á vicepresidenta segunda do proxecto municipal para levar a cabo unha actuación na avenida de Vilalba co obxectivo de humanizar as beirarrúas e os espazos comúns da contorna.

Nesa liña, Ángeles Vázquez explicoulle á rexedora a posibilidade de que este proxecto encaixe nos obxectivos do chamado plan Hurbe, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego no ano 2010, que precisamente ten como finalidade axudar ás administracións locais a financiar este tipo de actuacións que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza. Así, de ratificarse a colaboración, a Xunta financiaría o 70 % da actuación e o concello asumiría o 30 % restante.

A maiores, na reunión, tamén analizaron a situación das empresas que se localizan fóra do polígono industrial. Neste caso, estudaron a posibilidade de estudar unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para dar solución a estes casos.