Con motivo do 25N, a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia financia un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas.
O curso vai ser impartido por un especialista da Federación Galega de Loita e pertencente ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
A actividade vaise levar a cabo no Centro Sociocultural de Rábade os días 27 de novembro e 1 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 horas.
As mulleres que queiran participar teñen que inscribirse previamente no departamento de Servizos Sociais do Concello de Rábade, presencial ou telefonicamente.
