Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

A Casa das Insuas acolle a proxección do documental ‘El bosque salvaje de Pardomino’

Por 3 Novembro, 2023Sin comentarios

O venres 10 de novembro ás 20:30 horas na Casa das Insuas proxectaremos a película-documental El bosque salvaje de Pardomino.

Trátase dun dos bosques mellor conservados de Europa que permanece esquecido do mundo nun pequeno recuncho da provincia de León. Para moitos, é a idealización da vida silvestre na Cordilleira Cantábrica, o escenario perfecto para levar a cabo un traballo pioneiro no seu xénero; tres anos de traballo con cámaras automáticas permitiron desvelar os detalles da vida íntima dos habitantes do Bosque, achegando datos imprescindibles sobre a poboación de osos, a dinámica poboacional do lobo.

Por vez primeira vense nas pantallas aspectos inéditos de especies emblemáticas da nosa fauna mostrándonos a beleza das súas vidas cando ninguén os ve, cando nada lles perturba. Sen aditivos, sen manipulación. Gañadora de 4 Festivais internacionais, 9 nomeamentos internacionais: El Bosque Salvaje de Pardomino, é unha produción de BICHO.

Contarán coa presenza do director, realizador e produtor da película-documental, Carlos Rodríguez, e haberá un coloquio ao rematar a proxección.

A actividade é de acceso libre pero é preciso inscribirse nesta ligazón.

Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.