Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

A Casa das Insuas de Rábade acolle un obradoiro para facer murais de natureza

Por 27 Novembro, 2023Sin comentarios

O vindeiro domingo, día 3 de decembro, en horario de 10:30 a 14 horas, na casa das Insuas de Rábade terá lugar un taller de Murais da natureza impartido pola debuxante Mariana Roura, no que poderán aprender as bases para realizar murais coa natureza como fonte de inspiración.

Para participar será necesario inscribirse neste enlace, no correo custodiadoterritorio@gmail.com ou  no 630 948 293 (teléfono ou WhatsApp).

Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.