Skip to main content
Vilalba

Vilalba reparte os premios do seu concurso de cabazas de Samaín

Por 2 Novembro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

Vilalba viviu un novo concurso Pinta e crea a túa cabaza de Samaín no que se presentaron as máis terroríficas creacións, cunha gran orixinalidade e moita innovación.

A Concellería de Educación, Infancia e Mocidade que dirixe Paula Vigo organizou esta nova edición do seu concurso para repartir premios para nenos e tamén para as familias.

No primeiro grupo o primeiro foi para María Díaz Barreiro, seguida de Carmen López Tenreiro e Sergio Montes Souto. Na categoría familiar o garladón foi para María Tenreiro Ramudo, cun segundo e terceiro para Lucas Bello e Susana Cendán e para Ángel Lamas e Juan López.

“Quero dar as grazas a todos e todas as participantes. Con esta actividade, impulsamos unha festa tradicional como é o Samaín, á vez que promovemos a creatividade entre a infancia e as actividades interxeracionais en familia”, sinala Paula Vigo, concelleira de Educación, Infancia e Mocidade.